lunes, 29 de septiembre de 2014

XI Liga Intercolexios de Atletismo en pista

Un ano máis voltamos con novos folgos nesta tarefa de promocionar o atletismo en pista entre os colexios da contorna de vigo.

Nesta edición presentamos dous cambios fundamentais:
  1. Por un lado nas datas, que nesta ocasión collemos as do principio do curso en vez de na primavera como facíamos antes.
  2. O outro  cambio é que agora teremos tres categorías, para que a diferencia entre os nenos e nenas non sexa demasiado grande.

Por contra, ao ter máis categorías, eliminamos algunha das probas individuais que incorporáramos nas últimas edicións, (lanzamento de pelota e valados...).

Agardamos que vos animedes a participar con nós  nesta nova edición, colaborando na aprendizaxe e difusión do atletismo entre os escolares de vigo e a súa contorna.


Un saúdo.


Poderedes atopar neste blog unha páxina exclusiva para este evento onde iremos informando das novas do evento e onde publicaremos os resultados e toda a información cando comece a XI Liga Intercolexios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

SERIES MUNICIPALES

SERIES MUNICIPALES 2023

  REGLAMENTO DEL CIRCUITO 2023/05/07 RESULTADOS 2023/05/07 FOTOS 2023/05/21 RESULTADOS 2023/05/21 FOTOS 2023/11/04 REGLAMENTO JORNADA  2023/...