jueves, 28 de mayo de 2015

XXXII Carreira Nocturna de San Xoán


XXXII CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN

REGULAMENTO

1.        Co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Agrupación Viguesa de Atletismo coa colaboración da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, organiza a XXXII Carreira Nocturna de San Xoán, a disputar o 23 de xuño de 2015 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. Esta carreira está incluída no Circuíto de Carreiras Populares do Concello de Vigo.
2.       A carreira dispútase nun circuíto urbano de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 da Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda da Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante do soportais da praza do Berbés.
3.       Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estean ou non federadas. As inscripcións formalizaranse no sitio web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.com ou en persoa en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 41) o Deportes Bikila (Avda de Castrelos, 190) ata o 21 de xuño. No caso de inscrición presencial indicando NIF con letra, nome, apelidos, data de nacemento, sexo, localidade, provincia, e club e número de licencia no seu caso. Non se admitirán inscricións o día da carreira.
4.       A cuota de inscrición e de 6.
5.       Os atletas participarán cos dorsais e transpondedor da FGA (chip) que se entregarán o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
6.       Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
7.        As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
8.       PREMIOS:
A Organización entregará, 1 Xamón a o primeiro e primeira da clasificación xeral, e 1 paletillaaos gañadores por categoría. Haberá un sorteo de regalos entre os participantes, recibindo un tícket  numerado á entrada en meta para dito sorteo.Concederánse trofeos os tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das seguintes categorías: tanto en homes coma mulleres.

                                               A         de 14 a 18 anos
                                        B         de 19 a 35 anos
                                               C         de 36 a 45 anos
                                               D         de 46 anos ou mais

9.        Colaboran neste evento, a Asociación de Veciños Casco Vello, Coca-Cola, Hipermercado Alcampo           de Coia, Auto-escuelas Faro–Paso-Salaberri-Vigo, Policía Local de Vigo, Protección Civil,             Voluntarios del Concello de Vigo, Cruz Vermella, Porto de Vigo, Frutas Sol e Zunfer S.A.
10.  A Organización non se responsabiliza dos danos que poidan sufrir os participantes, agás os posibles dereitos que lle correspondan co seguro.
11.  Todas as reclamacións deberanse formular de acordo co Manual da IAAF ou RFEA en vigor.
12.  Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

A Agrupación Viguesa de Atletismo 










 NOTA: Esta proba pertence ao Circuito de Carreiras Populares de Vigo e ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a estas entidades para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. Asemade estes datos estarán en posesión do Concello de Vigo para a elaboración dos resultados tanto da carreira como do Circuito de Carreiras Poluares de Vigo. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña




No hay comentarios:

Publicar un comentario

SERIES MUNICIPALES

SERIES MUNICIPALES 2023

  REGLAMENTO DEL CIRCUITO 2023/05/07 RESULTADOS 2023/05/07 FOTOS 2023/05/21 RESULTADOS 2023/05/21 FOTOS 2023/11/04 REGLAMENTO JORNADA  2023/...