Nesta fin de semana os nosos e as nosas atletas obtiveron fantásticos resultados nos seus respectivos Campionatos Galegos das categorías Sub-18 e Sub-20.
Na categoría Sub-18 destacar o 6º posto en 60m.v. de Lucía Docampo cunha marca de 10.21 (MMT) e a mellor marca persoal de Edilawit López no 60 m.l. cunha marca de 9.09.
Nesta mesma categoría queremos darlle a noraboa dende o clube a Victoria Pampillón polo seu primeiro posto no Péntathlon, acadando marcas persoais en diversas das probas incluídas nesta modalidade.
Na categoría Sub-20 queremos destacar a actuación de Pedro Rey no 200m, Lucía Domínguez no 400m (cunha MMT de 1:07:46) e Sarai Lago no triple salto (cunha mellor marca persoal de 8.69).
Noraboa a todos e todas! Seguimos adestrando para a temporada de aire libre!




























