Nesta fin de semana leváronse a cabo os campionatos galegos de varios dos nosos atletas, destacando os lanzamentos de martelo cun terceiro posto na categoría SUB-20 de Enma Quintas acadando unha marca persoal de 31,70 e un primeiro posto na categoría SUB-16 de Carla Vázquez con outra marca persoal de 27,60.
Na proba de lanzamento de peso destacar o segundo posto na categoría M-50 de Antonio Martínez.
No caso do salto de altura destacamos o primeiro posto na categoría M-60 de Jose Luís Domínguez, quen á súa vez acadou un segundo posto no Pentathlon de tal categoría.
Queremos darlle a noraboa aos nosos/as atletas non só polas súas excelentes marcas e actuacións senón polo mero feito de lograr participar nun campeonato a nivel autonómico. Felicitacións a todos e todas!
SEGUIMOS!!!





No hay comentarios:
Publicar un comentario