O pasado 1 de setembro voltamos a comezar os adestramentos da nova temporada.
Non vos quededes sen vir a probar!
O pasado 1 de setembro voltamos a comezar os adestramentos da nova temporada.
Non vos quededes sen vir a probar!
Un ano máis abrimos as inscricións á nosa memorable Carreira Nocturna de San Xoán na súa XLII edición.
Acompáñanos á carreira baixo ás estrelas máis máxica do ano inscribíndovos ata o día 20 de xuño ás 23:59 no espazo habilitado por MagmaSports.
INSCRICIÓN PARA A XLII CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
Vémonos alí un ano máis!
Nesta fin de semana a nosa atleta Dulce Gómez obtivo un terceiro posto no Campionato Galego de Combinadas da categoría SUB-16, logrando múltiples marcas persoais nas diversas modalidades incluídas nesta proba.
NORABOA DULCE! SEGUIMOS TRABALLANDO!
Neste ano a Agrupación Viguesa de Atletismo foi nomeada Viguesa Distinguida, xunto cos demais organizadores das carreiras que compoñen o circuito RunRunVigo de carreiras populares, da que formamos parte coa nosa Carreira de San Xoán, da que xa levamos máis de 40 edicións, sendo a competición máis antiga do circuito.
Este é un recoñecemento non só polo clube como entidade senón tamén para todos e todas os que formades parte do mesmo, e especialmente para os que colaborades (tanto patrocinadores como voluntarios) ano tras ano na organización da carreira.
O noso presidente Eleuterio García recibindo o recoñecemento xunto cos demais organizadores do circuito.
Nesta fin de semana os nosos e as nosas atletas obtiveron fantásticos resultados nos seus respectivos Campionatos Galegos das categorías Sub-18 e Sub-20.
Na categoría Sub-18 destacar o 6º posto en 60m.v. de Lucía Docampo cunha marca de 10.21 (MMT) e a mellor marca persoal de Edilawit López no 60 m.l. cunha marca de 9.09.
Nesta mesma categoría queremos darlle a noraboa dende o clube a Victoria Pampillón polo seu primeiro posto no Péntathlon, acadando marcas persoais en diversas das probas incluídas nesta modalidade.
Na categoría Sub-20 queremos destacar a actuación de Pedro Rey no 200m, Lucía Domínguez no 400m (cunha MMT de 1:07:46) e Sarai Lago no triple salto (cunha mellor marca persoal de 8.69).
Noraboa a todos e todas! Seguimos adestrando para a temporada de aire libre!
Nesta fin de semana leváronse a cabo os campionatos galegos de varios dos nosos atletas, destacando os lanzamentos de martelo cun terceiro posto na categoría SUB-20 de Enma Quintas acadando unha marca persoal de 31,70 e un primeiro posto na categoría SUB-16 de Carla Vázquez con outra marca persoal de 27,60.
Na proba de lanzamento de peso destacar o segundo posto na categoría M-50 de Antonio Martínez.
No caso do salto de altura destacamos o primeiro posto na categoría M-60 de Jose Luís Domínguez, quen á súa vez acadou un segundo posto no Pentathlon de tal categoría.
Queremos darlle a noraboa aos nosos/as atletas non só polas súas excelentes marcas e actuacións senón polo mero feito de lograr participar nun campeonato a nivel autonómico. Felicitacións a todos e todas!
SEGUIMOS!!!
REGLAMENTO DEL CIRCUITO 2023/05/07 RESULTADOS 2023/05/07 FOTOS 2023/05/21 RESULTADOS 2023/05/21 FOTOS 2023/11/04 REGLAMENTO JORNADA 2023/...