Neste ano a Agrupación Viguesa de Atletismo foi nomeada Viguesa Distinguida, xunto cos demais organizadores das carreiras que compoñen o circuito RunRunVigo de carreiras populares, da que formamos parte coa nosa Carreira de San Xoán, da que xa levamos máis de 40 edicións, sendo a competición máis antiga do circuito.
Este é un recoñecemento non só polo clube como entidade senón tamén para todos e todas os que formades parte do mesmo, e especialmente para os que colaborades (tanto patrocinadores como voluntarios) ano tras ano na organización da carreira.
O noso presidente Eleuterio García recibindo o recoñecemento xunto cos demais organizadores do circuito.

No hay comentarios:
Publicar un comentario