COMUNICADO: CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
Hai xa 37 anos desde que a Agrupación Viguesa de Atletismo organizou
a primeira edición da Carreira Nocturna de San Xoán. En todos estes anos
transcorridos, sempre estivemos na saída da que xa é unha das máis
tradicionais carreiras populares de Vigo e de Galicia, tanto pola dilatada
traxectoria ao longo dos anos como pola singularidade da mesma.
Por mor da situación excepcional provocada polo COVID-19 e das
limitacións vinculadas ao Estado de Alarma decretado polo Goberno, debemos
tomar a triste decisión de suspender a celebración da que este ano sería a
XXXVII edición da carreira. Aínda que agardamos ata a última data posible,
desexando a melloría da situación e da modificación das normas que nos
permitisen a celebración do evento, non existen garantías suficientes para
poder desenvolver a carreira coa seguridade sanitaria necesaria para todas as
persoas participantes. A singularidade da carreira, vinculada ao solsticio de
verán, nunha data tan arraigada na nosa cultura, fai imposible optar por mudala
de data. A noite de San Xoán é a noite de San Xoán.
Non nos podemos esquecer de todas as institucións, empresas e
persoas que sempre estiveron con nós apoiando este proxecto: Concello de
Vigo, Deputación de Pontevedra, Coca-Cola, Zunfer Motobombas, Asociación
de Veciños do Casco Vello e demais patrocinadores do AVA. Sen o voso apoio
non seríamos quen de chegar a esta edición. Esperamos seguir contando con
vós na vindeira edición da carreira.
Tamén queremos aproveitar para agradecer a todas e todos os
corredores que ano a ano participades na carreira, sendo os auténticos
protagonistas e a razón de ser da mesma. Desexamos contar con todos e
todas vós nas vindeiras edicións.

VÉMONOS NO 2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario